Friday 03 de May de 2024

O Goberno de Sánchez Bugallo saca adiante a conta xeral do exercicio 2021


Marta Abal: “este é o mandato das persoas”, e “así o reflicten as contas”. O importe de axudas públicas pagadas no ano 2021 acadou casi a cifra de 18 millóns é medio. No ano 2017 a cifra foi de 11.763.245,65”.
A concelleira de Economía e Facenda destacou o incremento do investimento por habitante, un 35,25% máis que en 2017, cando gobernaba CA; e o aumento da licitación: “no ano 2021 licitáronse un total de 68 contratos: un 36 % máis que no ano 2020 e un 44,68% mais que no ano 2018.
O Pleno extraordinario do Concello de Santiago, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero. A continuación, comezou o debate de aprobación da conta xeral do exercicio 2021, que defendeu a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal, e Modernización da Administración Local. Marta Abal, quen sinalou que “este é o mandato das persoas”, e “así o reflicten as contas de 2021”. Aprobouse cos votos a favor do Grupo Socialista, e a abstención do resto de partidos da oposición.

Marta Abal lembrou que o Goberno de Sánchez Bugallo, durante o ano 2021, “estivo ao lado das persoas e os sectores que mais o necesitaban, como o ben estando dende a declaración do estado de alarma. Non deixamos tirados a ninguén, e tratamos de chegar cos recursos públicos dispoñibles (tanto económicos como humanos) a cada cidadán e cidadá de Santiago que o necesitaba”. Así, destacou que “o gasto en axudas públicas incrementouse un 21,82 % respecto do ano 2020, mais dun 38% respecto dos anos 2018 e 2019 e un 57,26% respecto do ano 2017”.

A concelleira de Economía recordou que a liquidación do orzamento “arroxa un resultado ficticio, un superávit ficticio, debido a que o peche en real por primeira vez na historia do concello a 30 de decembro do 2021. Polo tanto, puntualizou, “o superávit real é de 7,2 millóns de euros, que é a cantidade da que se dispuxo no marco da negociación da distribución dos remanentes”.

E, insistiu, “se non fora polo peche en real esta porcentaxe o gasto en axudas públicas sería aínda superior, xa que como sabemos as axudas de cultura e deportes non puideron abonarse ata o ano 2022. Aínda así, o importe de axudas públicas pagadas no ano 2021 acadou casi a cifra de 18 millóns é medio. No ano 2017 a cifra foi de 11.763.245,65”.

Marta Abal tamén destacou o incremento do investimento por habitante. En 2021 aumentou un 35,25% respecto de 2017, cando gobernaba CA.

A concelleira tamén incidiu no incremento das achegas procedentes do Estado, e do fondo complementario de financiamento. “En comparación cos dereitos recoñecidos netos do ano 2020 prodúcese un incremento do 4,66 %; o que sen dúbida permitiu soster os gastos públicos acometidos durante o ano 2021, tanto ordinarios como extraordinarios”. Pola contra, lembrou que a recadación neta derivada do ingreso da capitalidade mantense. “Recordemos que o importe da capitalidade está destinada a financiar os gastos correntes que ten o concello de Santiago de Compostela por ser capital de Galicia”, por exemplo, os sobrecustes na limpeza viaria, no mantemento da cidade, no control da movilidade, etc. “Estes gastos correntes incrementáronse considerablemente dede que se asinou o convenio da capitalidade.”, recordou Marta Abal. “Pola contra o importe da capitalidade diminuiu, como ben saben vostedes; polo que aproveitamos a ocasión para reivindicar unha vez mais á Xunta de Galicia, que cumpla coa cidadania de Santiago, cumpra co convenio da capitalidade e aumente a consignación prevista para o ano 2023”.

Contratación

No apartado de contratación, Marta Abal explicou que o importe dos contratos maiores adxudicados ascendeu a 33.284.610,66 euros. “En termos de licitación, recordar que no ano 2021, licitáronse un total de 68 contratos: un 36 % máis que no ano 2020 e un 44,68% mais que no ano 2018. O valor estimado dos contratos licitados durante o ano 2021 ascendeu a 121.400.957,85 euros isto é un 11,93% mais que no ano 2020.

En canto a obras, licitáronse 35 obras cun valor estimado de 8.328.965,09 euros. En termos comparativos “licitáronse un 75% mais de obras respecto do 2020 (pasado de 20 a 35); e un 35,02 % en termos de valor estimado, pasando de 6.168.846,12 a citada cifra de 8,3 millóns de euros”.

En canto a servizos, licitáronse 18 cun valor estimado de 107.402.791,62 euros, un 128,15 % mais respecto do ano 2020 no que o importe do valor estimado desta tipoloxía de contratos foi por algo mais de 47 millóns de euros. Tamén se licitaron sete contratos de subministros, cun valor estimado de 705.726,83 euros, un 0,97% mais respecto do ano 2020; ou outros 6 contratos mixtos, cun valor estimado de 2.266.422,87 euros.

Resposta á oposición

En resposta á oposición, Marta Abal, reiterou que “esta foi a lexislatura das persoaa e que a liquidación de 2021 amosaba un resultado ficticio por ese peche real, “feito histórico neste Concello de Santiago de Compostela”. A liquidación real, reiterou, foi de 7,2 millóns de euros, que coincide cos remanentes aprobados en pleno. “Non terxiversen a realidade”, espetoulle ao PP.

A Compostela Aberta preguntoulle que fixeran para mellorar a xestión pública. “Quéixanse do Plan de Contratación, pero a consecuencia del temos regularizado algo tan sinxelo como un contrato de mantemento de ascensores, e imos pasar de máis de cen facturas mensuais, a unha factura mensual. Grazas a este plan imos regularizar o contrato de limpeza de edificios muncipais, que por certo deixaron vostedes en precario en 2016; e imos regularizar a xestión das impresoras. Iso é xestión”. Sobre o pago a proveedores, recoñeceu que se trata dun problema “endémico e estructural do Concello de Santiago. E para afrontar eses problemas hai que adoptar solucións estructurais”. E volveu preguntar a CA, “que fixeron vostedes en 2018, ano no que so cumpriron un mes o pago a proveedores? Pois en 2018, Compostela Aberta adxudicou un contrato de implantación da administración electrónica que deixou fóra o control das facturas. Así o di o prego técnico. O control e automatización das facturas quedou fóra”. Un problema, sinalou, que tamén está en fase de resolución.

O debate do punto 2 de aprobación da conta xeral, pechouno o alcalde. Sánchez Bugallo, aclarou ao BNG que se recoñecen que había 16 millóns de euros de facturas sen pagar, “teñen que recoñecer que non había 23 millóns de euros de superavit. Se aplica eses 16 millóns o índice de execución cambiou, e tamén o nivel de investimento, o máis alto desde 2011. Temos que asumir a responsabilidade e retraso nos pagos e pedimos perdón por elo, pero o problema non foi a execución, foi o pagamento”.

En canto ás facturas reparadas pola intervención municipal, “quere dicir que non están soprtadas polo contrato correspondente, pero non quere dicir descontrol ningún”, engadiu.

Polo que respecta á adxudicación directa, lembrou que en 2021 é similar á de 2017. “É unha forma normal de contratación amparada pola lei. No 2020, 2021 e 2022 a situación sigue sendo idéntica, e sigue sendo idéntica cando gobernaba o PP”, indicou Sánchez Bugallo.